“ O clientelismo ataca ao mesmo tempo a calidade de vida democrática e a eficiencia dunha sociedade, porque a vitalidade dun país precisa, como cuestión previa, da convicción de que as ideas, os plans e os proxectos alternativos teñen o valor e a eficacia. O fatalismo, alleo ao risco, á innovación e á autoresponsabilidade, non pode ter a última palabra sen que as posibildades de progreso dunha sociedade se vexan radicalmente hipotecadas. Agora que algúns falan dunha segunda transición, non estaría mal que en Galiza gardásemos, para sempre, os demonios familiares dun país non baúl das curiosidades do pasado. Para sempre."



