(memoria, historia e horizonte agora www.fotolog.com/estrelaesvaecida)
Traterei de compatibilizar ambas cousas.
....
Din, comentan, que o horizonte (vital, político, amoroso) é unha das cousas que nunca debemos esquecer, porque temos o risco de comezar a dar voltas no camiño e perdernos para sempre.
Tamén din que a historia é algo importante. E tamén que non existe futuro sen historia. E eu engadiría que tampouco hai historia sen memoria.
Debemos ser o suficientemente intelixentes e facer un esforzo por lembrar. E debemos facelo con perspectiva, nun auténtico Espazo Aberto e tendo o horizonte como meta.
Quizais o grande problema da humanidade e que esquecemos moi pronto. Existe unha amnesia colectiva, cunha historia difusa e un horizonte sesgado.
Coido que non é o meu caso. Ás veces quixera non ter memoria, unha historia un pouco menos triste e que o horizonte non fora unha utopía.
Mais como dixo Galeano, e esa utopía a que me fai camiñar.
VÍDEO. TÚNEZ, OUTUBRO 2006.