CÍCLICO II ( e non sabes quen ves sendo)
Cada un non deixa de superpoñerse máscaras, corre o perigo de diluírse sen querelo.

Mais pasado o tempo ves que a vida é puro teatro.
E cando se peche o telón poderás por fin deixar de finxir que todo está ben.

Porque no fondo sabemos que ti e máis eu non somos máis que un sainete incompleto.
