Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

8/19/2007




A pesares de que algúns homenaxeen a señores feudais baixo o subterfuxio de conciencia de nación (cando o que realmente defendían eran os seus intereses persoais) o que fica claro, unha vez máis, é que non pode existir liberación nacional sen xustiza social. A Historia Universal así nolo ensina.

Todos somos Irmandiños!

PD: ficades convidados á Revolta Irmandiña.

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

se te apuntas ti apúntome contigo!!!

9:20 da tarde

 
Blogger amarante said...

vale!pero para saber quen será o meu/miña camarada irmandiñ@ estaría ben que non comentases de forma anónima!!

saúde!!!

11:49 da tarde

 
Blogger Xan Guindán said...

Logo os frikis somos Pako e mais eu!. Rol en vivo, iso é tremendamente friki. Porén, eu xa quixen ir o ano pasado e non puiden por ser menor d idade. Se vai xente coñecido ao mellor me apunto

7:33 da tarde

 
Blogger Xan Guindán said...

Por certo, tamén hai algúns (Rubén Cela)que organizan xogos de rol dos Irmandiños.

2:47 da tarde

 
Blogger amarante said...

E q tamén homenaxean a Pardo de Cela

Menuda incongruencia,non cres?

6:40 da tarde

 
Blogger Xan Guindán said...

Estou de acordo. Eu non homenaxeo a Pardo de Cela. Pero, sectarismos a parte, o director xeral de xuventude estao a facer ben,

Por certo, ti vas ir ao Irmandiño? Eu xa estou recrutando grupo, xD

10:47 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!