Cuestión de lugar
Pregunta a profesora a un rapaz dunha escola da Coruña, que opina, de forma honrada, sobre a escasez de alimentos no resto do mundo.
E o rapaz contesta:
"Esta pregunta é moi subxectiva. Ademais teriamos diversas contestacións segundo o lugar onde se formule. Se a realizamos en Europa moitos dirían ¿Que é a escasez?; se a facemos en África preguntarían ¿Que é o alimento?; de facela na clase política Arxentina teriamos un ¿Que é ser honrado?; e de facela nos EEUU a sentenciosa frase ¿Que é o resto do mundo?."
Saúde, patria, esquerda e altermundismo

Tristemente certo.
2:25 p.m.
Certamente triste.
Altermundismo...solución? Non o sei.
Outra proposta? Non a teño
2:37 p.m.
Moito...
sabedes que hoxe está Rajoy en Betanzos???puaj!!!!!
3:33 p.m.
Oh, conségueme unha foto asinada porfa. xD
Estiveches en internet e non te vin no msn. Raro Raro. Algo tramaredes ti e os do colectivo amizade Galiza-Israel
3:44 p.m.
jajajajaja, respecto ao Colectivo, pero dende logo que non comparto a súa postura!!
q quede claro!!!!
5:54 p.m.
Expulsión ou non expulsión? Aí está a polémica
7:30 p.m.
Obviamente, non expulsión
8:37 p.m.
E se houbese alguén do BNG que montase un colectivo de amizade con EEUU?
3:20 p.m.
E se houbese alguén do BNG que montase ou participase en plataformas de amizade con países que tamén se saltan os dereitos humanos, extorsionan a xornalistas, creban a liberdade de expresión, maltratan aos homosexuais e aínda por riba non existen elección democráticas pluripartidistas, libres, directas e segredas???
Ui!Pero se xa existen!
A cuestión é complicada. Seino. Pero non debemos caer en argumentos simplistas, porque ostias hai para todos. (agás para min, que non estou nin con EEUU, nin con Israel, nin presto apoio loxístico e económico a ditaduras que recortan os máis elementais dereitos do home).
saúde, patria, esquerda, internacionalismo, non ao imperialismo, non ás ditaduras, viva a liberdade, a emancipacion da clase traballadora, os dereitos individuais, os colectivos,a autodeterminación, viva a república galega e abaixo a fame e as guerras
(ironía)
5:28 p.m.
quita a ironía de arriba jejeje
5:29 p.m.
Son temas distintos e explícoche por que.
No caso que eu che expoño falamos de crear asociacións e colectivos que CONTRADÍN a liña da organización. Deste xeito o BNG apoia claramente á causa Palestina e OPONSE ao Estado de Israel.
No caso que ti me propós, o apoio a ese tipo de estados está avalado pola organización. Cuba, é amiga do BNG, por dicilo dalgún xeito.
Polo tanto, a cuestión non está en criticar a liña da organización, ese é outro debate. Senón que facer cós que se saen dela.
Saúde, patria, socialismo...E DISCIPLINA, CARALLO!
5:51 p.m.
Eu penso que a cousa é tan sinxela como pensar que nos estatutos do BNG pon algo así como que apoiamos a igualdade de dereitos entre nacións e estamos en contra do colonialismo. Formando parte dun colectivo que contradí estes principios básicos estás indo en contra da liña básica do BNG. Sen máis.
9:28 p.m.
Antes de comezar recalcar a miña absoluta disconformidade co proxecto e o cometido da asociación Galiza-Israel.A miña crítica ven sobre como se levou o tema Pedro Gómez Valadés no BNG e o linchamente ao que foi sometido, propio do stalisnismo puro e duro.
Imos ver. A asociación de Amizade Galiza-Israel é unha asociación que pretende establecer vencellos entre a comunidade galega e os cidadáns e cidadás de Israel (diferenciar da clase política). é un pobo que sufriu moito ao longo da súa historia, bla bla bla. Ate aí ben. O que está claro que iso non lles da dereito a masacrar aos palestinos.
"apoiamos a igualdade de dereitos entre nacións e estamos en contra do colonialismo".
En efecto Israel é o ariete do imperialismo neoliberal en Oriente Medio.
Pero tamén di nos nosos estatutos que defendemos os dereitos humanos. E lembro a alguén dos que mandan na Asemblea Nacional (en adiante Congreso) que o noso modelo son Cuba e Iran...e que eu saiba, o que se di respectar os dereitos humanos...non os respectan.¿Non é iso ir en contra da liña vertebral do BNG?
A cuestión non é fácil, e co tema de Galiza-Israel foi un linchamento persoal e partidario en toda regra.
Pido máis reflexión e menos actitude planfetaria.
Eu, cando menos, non estou nin con uns nin con outros.
Porque son de esquerdas, nacionalista, antiimperialista. Pero ante todo demócrata.
10:13 p.m.
E no tema de Galiza-Israel, o que se fixo foi ese discurso maniqueo propio do PP de "comigo ou contra min"
1:07 p.m.
Imos ver. Aquí semella que calquera acto que supoña un pouco de disciplina orgánica xa son prácticas "estalinistas". Xa vas parecer os de AMI coa "repreçom", que primeiro as buscan e logo choran.
Se alguén do BNG contradí a súa liña política, sabe o que pode ocorrer, e non hai máis.
5:49 p.m.
E dalle coa disciplina orgánica!!!
Tamén é contradictorio cos estatutos do BNG apoiar a países que non respectan os dereitos humanos básicos.
O que non me vale é aplicar a lei para uns e para outros non.
Reflexión, cautela.
11:37 p.m.