Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

12/23/2006





-Bolboreta.
-Sáeme mariposa. Eche o que hai cos castelanismos.
(esvaecemento temporal sen raccord)

-¿Onde a merchaches?
(Na praza de Galiza, o xoves pola noite tremendo ambos os dous do cabo á cima. Unha rapaza medianamente etílica e descoñecida preguntouno)

- Cando damos unha aperta sempre damos unha parte de nós.
( inconexo)

- "...qsepas q ont stuvn gnial cntg...".
(nokia, merquei fai un par de meses un nokia. Recibino ás 02:35)

- Oes, se ves que molesto dimo.
(Magosto, día do roubo)

- ¿Non estará mirando para aquí?
- Que va, non ves que ten ás amigas detrás. Está mirando para as amigas.
(Congreso 15 anos. Corroboro. Si que miraba).

- Queres ir ao portal?Vivo aí.
(Facía frío).

- Queres licor café?
- Non, prefiro unha clara.
(Reixa)

- ¿Non che parace surrealista?
(moitas veces dito)

- Acompáñote
( Porque teño e quero facelo).

- ¿Porque terán iso no teito?É bonito.
(Moito)

- Hoxe tócache escoller a ti.
(Chovía moito).

- Tesme que dar o teu número. Se queres, claro.
- Si, claro.
(Magosto, CAF, roubo).

- Son independentista e merco en Inditex.
(Crechas).

-Ola, son Pablo.
(Mellor Paulo).

- Facíannos rezar.
- ¿E non denunciáchedes?¡É un colexio público!
- Tiñamos medo.
(coa boca aberta)

- Agardo que esto fora un bo agasallo de Nadal.
( No Obradoiro, despedida)

E todo así mesturado, sen querelo distinguir. Sería inxusto.

Bolboreta. Pecho os ollos e vexo a bolboreta.

E non teño ningunha intención de facer xogos metafóricos nin estrafalarias combinacións de palabras. Porque son consciente de que as veces o preciso é o precioso, de que unha mirada nanodecimal nese instante xusto onde os beizos deixan de ser unha simbiose poética é a axuda necesaria para comprender un desacougo tan electrizante e tan pracenteiro que quixera telo comigo sempre. Todo o vexo cunha claridade psicodélica.E co convecemento de que a liña de puntos de arriba hai que recortala entre dous. Porque así o mandan os cánones.


Bolboreta. Pecho os ollos e vexo a bolboreta.

9 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Precioso. Es la aventura, la complicidad, el descubrimiento. Es jugar una partida de estrategia, de bailar con la mirada.

5:42 da tarde

 
Blogger Las Vaporosas said...

Enternecedor, en serio. Ahora es cuando digo yo:"A ver cuando nos tomamos un café y nos ponemos al día". Porque al final v a ser q hay bastantes novedades...Beixiños

La más engañada

10:41 da tarde

 
Blogger Muinho said...

Bo Nadal, e prospero 2007.
Compañeiro

10:03 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Si, interesante. Lo de siempre. ¿Como podemos crear nuestras propias ilusiones del aire? Lean la "bolboreta" (mariposa).

9:52 da manhã

 
Blogger amarante said...

"Abre las puertas de la percepción,
usa el poder de tu imaginación
aunque no puedas mirar hacia el Sol
sabes que sigue brillando

Piensa en las cosas que te hacen sentir
Cada segundo, vivir, escapar
Este momento y la gente al pasar
Sientes por dentro que todo se va
Desde el principio al fin
Solo quisimos vivir
Porque es tan dificil creer
que no habrá un mañana jamás"

(seguía chovendo, chovía, chovía..)

A canción ven dos poemas de William Blake.

"Si las puertas de la percepción se depurasen,
todo aparecería a los hombre como realmente es: infinito.
Pues el hombre se ha encerrado en sí mismo hasta ver
todas las cosas a través de las estrechas rendijas de su caverna"

William Blake
Las bodas del cielo y el infierno (1793)

12:00 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

"sólo quisimos vivir..." só iso, da mellor maneira. estremézome ao lelo..."estas temblando!?!?"
si. estou temblando.

12:33 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Ui, parafraseando a Amaral e a Moby... puff, cando os puxen eu só me decías que era un pastelosos, e agora é poesía... ¿cal é o criterio para cambair de opinión? jajaja

3:52 da tarde

 
Blogger amarante said...

Nunca che dixen que foran pastelosos

4:02 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Continúa a opreçom nesta páxina... borráronme 6 mensaxes... opreçom, censuraaaaa

8:54 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!