Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

4/06/2007


FILE TAPE

"Escribira na caixa da cinta File Tape con rotulador vermello. File Tape, cinta de arquivo. Algo que pasará a un anaquel, entre moitas cousas, que non se vai volver mirar nunca, mentres o sinal eléctrico se irá esvaendo, pouco a pouco, inexorablemente, na banda magnética, ata borrarse de todo. Como os recordos. Chegará o día en que nada se recordará. Pasarán anos, centos de anos, e nada disto terá importancia. File Tape."

"Ruído". M.Anxo Murado.

A literatura é a medicina contra eses momentos de desacougo.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

sabes que podes facer cando teñas moitos bos momentos caumulados a piques de ser esquecidos? inventarte uns novos que sexan mellores!!
... non me gosta este blog: Por unha parte faime imaxinatre con cara triste... como na asemblea do BNG, máis ou menos, e dáme gañas de coidar de ti ainda que saiba que ese privilexio antes pertence a unha mota de pó; e pola outra plaxias a miña súper declaración de amor un tanto ridicula pola emoción do momento e a pos en pasado!
De tódolos xeitos...saúdos!

11:49 da tarde

 
Blogger amarante said...

Non pretendo que este blogue sexa triste. Simplemente pretendo transmitir estados de ánimo político-sentimentais-académicos.
É o que me sae. A mota de pó nin tan sequera existe...x certo, como topaches co blogue?
Na Asemblea do BNG estaba triste?máis ben cabreado...

en fin, unha aperta...anónima coñecida

9:54 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!