Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

2/01/2007


Agardar, desexo e frustración
Con moito probabilidade este post englobe unha reflexión esperable e tremendamente simplista. Pero vaia, como dixen unha miríada de veces, nos argumentos sinxelos ás veces atopamos unha explicación comprensible a isto que os escritores románticos chamaban "sentido da vida" e que os filósofos prosistema tratan de inxectar na poboación para manter sempre o status quo. Dende o famoso carpe diem ("veña neno, despreocúpate de todo e se conformista que é o que mola, e non te metas en política que é unha merda") ate a archicoñecida metáfora da cigarra e da formiga. Todo unha fábula para manter as estruturas reinantes.

Pero vivimos onde vivimos, é para ben ou para mal, todos acabamos sendo unha peza máis da engranaxe. E non son dos catrastrofistas ("opresón, opresón"), para nada. Pero ás veces párome en seco, e non pretendendo universalizar a conclusión, creo que vivimos frustrados. Frustación derivada dun agardar e dun desexo continuo. ¿A que agardas?¿Que desexas?A que pase o exame, a que chegue o verán, a comer, a que comece o partido, a que gañemos as eleccións...E mentres non chega, frústraste. E cando por fin se asoma pola esquina, a túa espera-e o teu desexo-xa están fixados noutra meta. E a frustración crece exponencialmente.

E ao mellor, nese momento en que cres estar "cheo" (por dicilo convencionalmente), estalo a pasar mal porque sabes que vai fuxir ese instante e diluírse de novo no desexo de que volva chegar e na posterior frustración de non telo contigo sempre.

O puto sistema é o que fai: ou te adaptas ao carpe diem sen agardar nada fora de establecido e ao status quo, ou vivirás sempre frustrado.

Que queredes que vos diga. Prefiro ser un frustrado toda a miña vida.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

A frustración tela ti na cabeza, non está no sistema.
;)

10:23 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Non podemos negar que a espera forma parte da nosa vida, sempre estamos esperando algo ou a alguén. Pero esa espera ás veces é necesaria. Explicación: sen esa espera, sen ese desexo, estamos vacíos, non temos un obxectivo concreto, unha meta á que chegar. Eu son partidario de poñernos metas nesta vida. As que sexan, aprobar os exames, encontrar traballo, conquistar a unha moza/mozo, etc. Ter unha ilusión, porque sen esa ilusión non somos mais que pel e osos.

10:32 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!