Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

12/09/2006

A escravitude, aínda que consentida, segue sendo escravitude!

A explotación sexual das mulleres é un problema serio de desigualdade, fundamentado na relación de dominación masculina e de explotación, levando implícita e explicitamente unha grande carga de violencia de xénero.Vivimos nun mundo en que todo se pode mercar por cartos. O capitalismo neoliberal salvaxe impón unhas pautas de comportamento de sumisión tranversal do pobre sobre o rico, do poderoso sobre o sumiso. E ata a dignidade das persoas pode adquirirse por un puñado de euros. Pero non. As persoas non son mercadorías e a súa dignidade debe ir máis aló das regras do libre mercado. E legalizar a prostitución sería unha conquista máis do grande capital, pois vería lexitimado, aceptado e regulamentado o seu negocio. Que non se deixen enganar aqueles “progres” legalizadores, porque baixo esa máscara de normalización nin tan sequera o máis sagrado do ser humano, que non é outra cousa que a súa dignidade, estaría protexido do mercantilismo puro e duro.Todo está en venda. Todo vale. E no tema concreto, non podemos consentir que a corpo das mulleres sexa un simple produto de consumo no que uns homes, aplicando a lei da oferta e da demanda, teñan a potestade de facer da muller unha escrava. Porque a prostitución é escravitude, non nos enganemos. E aínda que a escravitude sexa consentida, segue sendo escravitude.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Por que temos a maldita manía de querer decidir sempre o que os demais poden ou non poden facer coa súa vida?
Legalizar a prostitución significa permitir que cadaquén faga co seu corpo o que queira, garantindo uns mínimos de dignidade legal. Legalizar a prostitución é garantir que as mulleres -ou homes- que a exercen poidan cotizar á seguridade social, ter unha cobertura sanitaria ampla e recibir unha pensión cando se xubilen. Que poidan estar de baixa por enfermidade co respaldo do estado.
É moi fácil posicionarse contra a prostirtución, pero erradicala non é posible, é só a pantalla que utilizan os sectores máis puritanos da sociedade para poder durmir tranquilos créndose superdefensores dos dereitos humanos.
Desenganémonos, a prostitución non vai desaparecer nunca. Legalizala é a única maneira de garantir uns mínimos de vida para estas mulleres

10:09 da manhã

 
Blogger amarante said...

Querida Oko, vostede está defendendo (lexítimamente)o liberalismo atroz.
Erra de principio. Porque a cuestión é que AS MULLERES NON QUEREN EXERCER A PROSTITUCIÓN, son obrigadas!!! E o que non se pode é sacar unha lei porque un 0,01% (constatado cientificamente)quera facelo. De todas formas remítoa ao vindeiro número de faneca brava.
De todas formas, erras en que sexan os sectores máis puritanos da sociedade. Os sectores esquerdistas (IU,ERC,BNG) queren "abolila", que non é o mesmo que "prohibila", poñendo no punto de mira aos proxenetas e aos "consumidores". As correntes máis esquerdistas posiciónanse nese senso, poñendo de exemplo a Suecia. Está errada, pois, en que os conservadores fagan isto. Os neoliberais están desexosos de legalizar o seu negocio. Así a explotación sexual continuará (véxase Holanda.

11:17 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

non quero entrar na discusión, pero Amarante, peca de presuntuoso. "as mulleres non queren, son obtigadas" paréceme un exercicio forzado de omnisciencia.

2:13 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!