Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

6/04/2006



Revolución e reforma: da enfermidade do desdobramento(II)

E Cris, vaia. ¿E Cris que pinta en todo isto? Realmente non se chamaba Cris, senón Alexandra Kollontai. Muller revolucionaria e bolchevique, paladín do movemento feminista. Estaba namorado. Participara nos acontecemento revolucionarios de 1905 e apoiou a Lenin na visión dos soviets como organismo para o exercicio do poder e da necesidade de superar a revolución burguesa coa revolución proletaria. E por ela, o que fose. Dábame igual deturpar e prostituír a miña ideoloxía con tal de estar ao seu lado. Se é ben fácil facerse pasar por leninista. Só tes que escoller a alguén que pense por ti e repetir panfletariamente o que diga.

O médico do Pico Sacro morrera, sen razón aparente. Quizais porque a miña metafórica loita interna sobardara a súa capacidade conceptual. El sempre estivera acostumado a non pensar e crer que todo ben dado. Que inxenuo. Agora a única solución sería aniquilar unha parte de min. Petrogrado é frío. E Alexandra morreu. Chaman ao timbre.

-¿Quen é?

- Son o pragmatismo. Douche unha educación sinxela, casa, comida e ocio.

- ¿A cambio de que?

- De nada home. Dun desenvolvemento intelectual mermado. ¿Aceptas?

- Claro, como non. A ignorancia é a felicidade, como soen dicir os conformistas.

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Siempre lo mismo

10:47 da tarde

 
Blogger amarante said...

Moitas grazas usuario anónimo!

Da gusto ver como non colles ningún tipo de trasfondo metafórico.

Sen acritude

PD: e non é sempre o mesmo, creme..

7:10 da tarde

 
Blogger oko said...

home, alégrome de saber que os homes tamén se deixan manipular polas mulleres. dígoo por iso de que eu non teño vontade propia, e se non ando con quen andivera, deixaríame arratrar polas túas boas palabras e militaría na mellor organización do mundo. como di carmucha, eu tamén precisaba dun home que me metese en cintura -ideoloxicamente, claro.

sen acritude. xa se sabe como é a política...

7:35 da tarde

 
Blogger amarante said...

Oko, que era unha bromiña...

E non é a mellor organización do mundo, dende logo.

:)

9:55 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Hallo I absolutely adore your site. You have beautiful graphics I have ever seen.
»

2:25 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

I find some information here.

5:45 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!