Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

4/13/2007




Moraima


Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abala.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

(Celso Emilio Ferreiro)


Ás veces un sinxelo poema ven a resumir un estado de ánimo. Coido que Celso Emilio Ferreiro soubo facelo á perfección.

PD: Escoitalo na voz de Suso Vaamonde, fai tremer a un.

4 Comments:

Blogger Xan Guindán said...

Tes razón, gran poema e gran canción.

GALIZA CEIBE E SOCIALISTA

9:19 da manhã

 
Blogger amarante said...

Efectivamente. Eu quédome cos dous últimos versos.

E non criticarei a Celso Emilio por rematar no PSOE. Iso xa é outra historia.

Adiante COA REPÚBLICA GALEGA

4:03 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Moitas veces mat o silencio, pero tamén matan os berros desesperados.

10:17 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

ESTRELA VERMELLA FORA DA NOSSA SAGRADA BANDEIRA!!
MARXISTAS FORA DA GALIZA!
FASCISTA POR SEMPRE!!

11:37 da manhã

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!