Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

2/28/2007


Ansiedade
Reunión ordinaria do mércores 28 de Febreiro no meu cuarto que comezou en segunda convocatoria, con asistentes: a mota de po e máis eu. A orde do día era a seguinte:

1- Lectura e aprobación da acta anterior
2- Agardar
3- Abandono
4- Agardar
5- Abandono
6- Agardar
7- Abandono
8- Varios

No punto de varios a mota de po presenta unha moción de censura pola miña pésima xestión da crise. Deféndome dicindo que eu fixera todo o posible para que saíse cara adiante. A votación queda empatada (1-1), mais polo voto en calidade do Responsable (eu), quedo ratificado no cargo. A mota de po entra en cólera e abandona a Asemblea, alegando manipulación. Fico só na Asemblea...Non teño forzas nin para facer unha proposta de resolución. Tremo. Como aquela vez.

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Mira a mota de po é unha independentista que ten opreçom... deixaa marchar... A acta do día é unha merda... moi mal feita, jajaja...
Ai Pabliño... creo que te raias demasiado...
;)

7:01 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

vostede señor amarante é algo tonto...non se raie tanto e desfrute da vida un pouco. Merece algo mellor.

10:53 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

eu... por suposto nin sequera teño idea de por que te raias e por que non. Xa ves, caín por debaixo da mota de pó.

10:46 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

por certo, unha réplica dese cadro decora o meu cuarto. que casualidade!

10:47 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!