Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

9/14/2006


Delegados non, grazas.

É obvio, parece obvio vaia, e concordo con el, de que o BNG constitúeno fundamentalmente os seus militantes. Son o activo político máis importante, quen todos os días defende a única organización que ten un proxecto político para Galiza, que defende a súa actuación nos concellos, na Xunta de Galiza e nos colectivos sociais. Son os que cada ano de eleccións (e mesmo cando non son eleccións) piden o voto para o nacionalismo de esquerdas e así construír entre todos esferas de liberdade e benestar.

E paréceme repugnante (por non dicir outro adxectivo) que algúns queiran mermar a democracia interna que sempre representou ao BNG. ( 1 militante= 1 voto), alegando á inviabildiade polo número de militantes. Non é excusa, xa que non medramos tanto dende a última Asemblea Nacional. Polo tanto, quero deixar clara constancia de que:
Amiguiños, DELEGADOS NON, GRAZAS.

4 Comments:

Blogger Muinho said...

Á falta de confirmación por parte da dirección nacional me ten a espectativa xa que eu entereime ainda hoxe ( será porque estou demasiado metido e preocupado por outros asuntos).
Pero dado o caso de que asi fora, seria indignante que tomaran esa decisión polas boas ( ainda con debate interno e votacións nas comarcas). Ese tipo de decisións teñen que vir avaladas dende unha asemblea nacional anterior.
Non se pode tomar esa decisión a uns meses da Asemblea Nacional.
Estou totalmente en contra da decisión se finalmente se leva a cabo o proceso para poñela en practica.
1 MILITANTE 1 VOTO.
Non hay outra para min .
Eso e o que nos diferencia.
1 MILITANTE 1 VOTO.

10:12 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Tarde ou temprá caeredes no de todos os partidos, e despois que? seredes tan "pouco democráticos" coma o PSOE ou o PP? todas as sobervias caen, ¿non?

8:34 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Parece ser que de momento seguiremos a manter o funcionamento asemblear que nos fai diferentes. http://www.arroutadanoticias.com/novas/nova160920061.html

7:17 da tarde

 
Blogger Os_Alumnos said...

creo que el BNG no debe perder, al menos de momento, su carácter asambleario. Debo decir que es una cualidad de ningún partido de este país que conozca y estoy de acuerdo con ella.

3:29 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!