Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

5/05/2006


E sen razón, a estrela vese lonxana. ¿Por que somos cómplices do roubo desa milimétrica masa gris? Amiguiño filósofo, ningunha das túas reflexións trascendentais, subordinadas e adxectivadas poderán achegarse minimamente á tinta manchada de sangue da aurícula esquerda da miña cabeza. En efecto, da miña cabeza e nunca do meu corazón. Porque quero crer que a aurícula esquerda está na miña cabeza.

E quere de novo autoconvencerme de que a miña vida non se está a convertir en literatura de ficción.

Dareime de cabezazos contra a parede ata perder a consciencia. E coa sangue escribirei o mellor libro que xamais se escribira. Prométocho a ti, que me les. Que me escoitas.

PD: Asamblea popular dous días. Baixamos de novo!

11 Comments:

Blogger O principiño da estrela do lado said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

10:16 da manhã

 
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Na miña estreliña xa aprendemos a sufrir eses momentos con naturalidade, pero creo que na súa non... Como me dixo vostede a outra noite (e non quero que mo volva repetir proque sae o espírito de Kasandra que levo dentro...) "¡¡¡canta razón tiñas!!!", ¿lémbrase? pois aínda o que lle queda por vivir... Como dicía Data en "Los Goonies" (gran película onde as haxa):
"Hazle caso a Data y vivirás más".
Un principiño observador...

12:57 da tarde

 
Blogger amarante said...

q saiba o principiño q o comentario suprimido chegueino a ler!

xa o eliminou??

2:00 da tarde

 
Blogger O principiño da estrela do lado said...

Non o eliminei, era o mesmo, aínda que había unah frase, que coñecendo ao meu veciño de estrela e a súa gran capacidade apra sacar todo de quicio pois elimineille unha frase, pero que tanto dá que a lera ou non. Se ao final, o único que me contesta ao meu comentario é: "Que se entere que lin o que puxo antes" e nada de "pois si, tes razón no que dis e máis aínda neste aspecto..." Entende o concepto de que o que me interesa é que contido e non o anecdótico? porque nunca me contesta a anda... ¡que pouca interactividade pola súa parte!
Un principiño que quere vivir na ignorancia...

4:00 da tarde

 
Blogger Madeleine said...

por que quererá suicidarse a tipiña da foto? ou outra maneira de preguntalo... istoooo por que esa foto? algunha conexión? (non nos asuste)

11:07 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Tranquila Madeleine, que mala herba nunca morre, e menos esta, que xa sabe que di... "un corpo tan fermoso non se pode estragar dándollo aos gusanos", jajaja...

6:55 da tarde

 
Blogger amarante said...

Compañeira e querida (con letras de molde QUERIDA) madeleine, mala herba nunca morre...E aínda queda moito por diante, e moitos post que facer..

:)

PD: bolseiro ten razón

7:13 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Señoraaaaaaaaaaaa, la feria ha llegado a su pueblo, enmarquen a frase do amarante: ¡estame dando a razón! jajaja, sen acritude juapo...
12 horas e 21 minutos na facultade, creo que vou botar 14, todo un record.
:p
estou toleando!!!

7:23 da tarde

 
Blogger Madeleine said...

non me extrañaría esa tolemia, bolseiro. A facultade de Siza ten algo de consultorio psiquiátrico. Saiba que o acompaño na perda da razón, hai tempo que a perdín por algunha aula ou algún visionado ;)

10:00 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Nice idea with this site its better than most of the rubbish I come across.
»

2:25 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

I find some information here.

5:45 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!