Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

5/12/2007


(Obviamente na foto falta moiiiitaaaa xente, pero é a única que teño)

A todos vós
Chega o fatídico día. O tan odiado momento no que me vou dar conta de que a vida pasa páxina. Sigo tendo medo a ese ateigado auditorio e á tendenciosidade das palabras. Éntranme calofríos tan só en pensar en que virá despois. Porque por moito que intenten convencerme sei que nada será como antes.
Lembro cando, pipioliños e asustados, chegamos a ese mesmo sitio onde nos imos despedir. Cal profecía do eterno retorno, voltamos ao útero materno para darnos as últimas apertas e crernos nenos antes de ter a certera impresión, ao pasar a man pola cara, de que xa somos adultos.
Lembro. E teño medo de non lembrarme de todo. Lembro as clases de Outeiriño collendo apuntes e obras sen sentido; lembro os Power Points de Xosé López; lembro a inutilidade das clases de Celeiro; lémborme de ti; lembro os CAF, por suposto que lembro todos e cada un dos Comités nos que xogabamos a cambiar o mundo; lembro o ton de voz de Neira Cruz e lembro os traballos de Túñez e Berta; lembro os primeiros programas de Radio cos deputados tránsfugas de Madrid; lembro cando Beiras entrou pola porta e me mirou cos seus ollos azuis; lembro de tomar o sol con vós e sí por fin dicir que a vida era harmónica; lembro e teño presente a Faneca Brava; lémbrome de ti. Lémbrome dos cafés clariños eu Suso. Lémbrome de que ninguén quería xogar comigo ás cartas menos ti.
Tantas e tantas cousas: Galiza Nova, BNG, EN, listas, programas e licores café no Avante. Berros de Independencia e xustifacións do meu socialismo democrático. As aulas con Margarita Ledo (visíbel, invisíbel), os martes a primeira con Soengas, os nomes estranxeiros de Fotoxornalismo. Bonaval. ¿Lembrádesvos de Bonaval? A miña financiación cuasi que forzosa de Adiante, cal imposto revolucionario. O xulgado co compañeiro detido. Os paseos de noite. Apolo, e nunca en español. Os chupitos no Chasis. As apertas sentidas. A viaxe a Túnez. Ela, sí ela. As clases de tele con Ana Isabel. Eu facendo de Quintana, de Beiras, do Tolo da Colina, de Felipe González. A americana marrón coa estrela vermella incardinada na bandeira galega. A camisola rosa. Ti, doutra volta. A Alameda. O desacougo. Os segredos.

Xornalismo remata. Un ciclo vaise esvaecendo. Pero teño que dicir que sempre me quedará algo de vós. Funme formando coas partes que me fúchedes agasallando. Eu son así porque tiven a sorte de coñervos. Todo foi produto da casualidade…pero que non o é na vida?

E así todo mesturado. Porque facer distinción sería inxusto. As lembranzas e todo o que compartín ninguén poderá roubarmas. Ficarán aí para sempre. Ante todo, grazas por aturarme durante estes catro anos, compañeir@s. Podo afirmar sen medo a errar que foron os catro mellores anos da miña vida.

Por iso, este post vai dedicado A TODOS VÓS.

Oxalá os nosos camiños volvan cruzarse.

22 Comments:

Anonymous Anónimo said...

moitas gracias pabliño!!quérote moito!

12:02 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

ohhhh!!!q bonitooooo

12:46 da tarde

 
Blogger Veraeikon said...

Vaia!Os teus compañeiros teñen q estar todos moi contentos por resibir esas palabras tuas,eh?Ás veses é triste pasar páxina ou rematar siclos, pero outras, camiñar cara adiante pode ser bon e traerche moitas alejrias e bos momentos. Un nunca sabe, só queda vivir e comprobar se o q depara o futuro vale a pena. Sen máis, q teñas sorte nese camiño.
Bicos da enxebre! =:)

1:02 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

jejeje. Tranquilo, non morres, só acabas a carreira ;)
Díxenche moitas veces, igual que o ves e o viches durante estes catro anos, que podes manter aquelo que queiras... Difícil cometido, pero amplamente demostrado que se pode cumplir. fátache unha cousiña na listaxe pa que sexa cuasi perfecta... e non me refiro a nomes, senón a situacións... algo que resumiría todo...
Apertas.

2:25 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Eu sei que seguiréi lembrándote uns catro anos máis... ainda que vaia ser duro deixar de verte case cada día na faculdade.
Xornalismo, amor, es ti. E destes anos de estudante que agora rematan quedaranme soamente un título e a túa imaxe.

2:44 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

botareite tanto de menos...agora quen me falará tan ben coma ti de política?

2:58 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Ata nova orde, terei certa precaución de ler o que vostede escribe :P

4:01 da tarde

 
Blogger amarante said...

:)

5:25 da tarde

 
Blogger Zape (entre outras muitas cousas) said...

A estrela disposta pra esvaecer-se no frio universo do mercado laboral capitalista? Moita sorte, mestre Paulo Carlos;)!!! (mestre porque claro, es ti quen nos meteu un pouco no mundillo dos CAF, hehe).

Aprendimos a querer-te
dende a histórica altura
onde o sol da tua bravura
lle puxo cerco á morte.
Aquí queda a clara,
a entrañábel transparéncia
da tua querida presenza,
Avoíño Paulo Carlos.
A tua man gloriosa e forte
sobor da história dispara
cando todo Santa Clara
esperta pra ver-te.
Aquí queda a clara,
a entrañábel transparéncia,
da tua querida presenza
Avoíño Paulo Carlos.
Vés queimando a brisa
con soles de primavera
para plantar a bandeira
coa luz do teu sorriso.
Aquí queda a clara,
a entrañábel transparéncia,
da tua querida presenza
Avoíño Paulo Carlos.
O teu amor revolucionário
condúce-te a nova empresa
onde agardan a firmeza
do teu brazo libertário.
Aquí queda a clara,
a entrañábel transparéncia,
da tua querida presenza
Avoíño Paulo Carlos.
Seguiremos adiante
como onda ti seguimos
e con Fidel che dicimos:
deica sempre Comandante.
Aquí queda a clara,
a entrañábel transparéncia,
da tua querida presenza
Avoíño Paulo Carlos.


xDD. Saude!!!;)

PD: Admíto-o, estou enfermo...hehe

11:51 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Neniño, é complicado despedirse de ti...sorte que para o ano eu serei unhas das que quede aquí.
Aínda che queda políticas e o doutorado,non si?
Teremos outros catro anos máis para seguirnos coñecendo!

:)

12:11 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Vexo que tes moitas admiradoras,eh????Vaia, menos mal que acabo de ler q che queda o doutoramento, non sei que fariamos sen poder verte pola facultade!

6:57 da tarde

 
Blogger amarante said...

muito obrigado!!!

:) :)

10:59 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

PARABENS!!

...AGORA QUE TERAS MAIS TEMPO LIBRE, ESTARIA BEN QUE VIÑERAS VISITARNOS, QUE NO LOCAL TEMOS TRABALLO PARA TODOS...
=)

UNHA APERTA LÓPEZ

5:46 da tarde

 
Blogger amarante said...

Rapaz,moito tempo libre non teño!

:)

De todos os xeitos vaime ser difícil pasar polo local,posto que non vou a betanzos ate o día das eleccións para ir á mesa. Teño un exame o día 28 e o acto de licenciatura o 17...

de todos os xeitos xa o suplo co traballo que fago aquí, que non é pouco

unha aperta responsábel!

11:56 da tarde

 
Blogger Arco_da_Vella said...

E claro que se cruzarán os nosos camiños, se non te imos sacar do piso! Quérote pabliño

4:37 da manhã

 
Blogger amarante said...

momento estelar onte na radio galega,eh??

10:33 da manhã

 
Blogger amarante said...

que quedei un pouco mal!!

10:33 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

home... un pouco, un pouco... aha, ejem, ejem...
;)
jajajajajajaja

4:05 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Ya no tienes mi número, fatal me parece, jajajaja
;)
quien soy????

4:57 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

tic-tac...xa queda menos...

1:07 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

OLAAAA PAULIÑOOO!!
carays que sentimentalista te puxeches eh¿?. Podo entendelo perfectamente, xa sabes que empecei este ano, e en tan só uns meses coñecin xente moi especial, moi cercana, como se xa os coñecese nun sono do pasado; e por iso sei que o día que teña que deixar a facultade verei un abismo. É inevitable desemascarar unha cara triste, pero a vida está composta de ciclos, ciclos eternos, ós que parece que nunca lle vas atopar esa fechadura que queres abrir e pechar a porta de aceiro dun portazo; e ciclos de area de reloxo dos que quiexeses ser poderoso e dominar as agullas dese reloxo que non agarda.
Pero despois dos ciclos bos, non ten porqué vir un malo ou amargo. Virá un diferente, distinto que poderás ir modelando.

En resumen, (hoxe teño o día inspirado), ANÍMATE!! eres un rapaz alegre e seguro que atoparas novas cousas que che motiven.
un biquiño
MARÍA

8:45 da tarde

 
Blogger irene quintela said...

Ola, Pau! Venho de descubrir o teu blog, xa que andaba "fedelhando" na web dos CAF. Carai! Sem parece-lo, es verdadeiramente un romántico.
Claro... se nom o foras, nom andarias por este mundo de nacionalista utópico (iso tamén lho digo ao Saúl), sonhando com escrever livros (que é, por certo, umha das minhas grandes paixóns, ademais do teatro)e com trocar o mundo coma Beiras (diga Afonso Eiré o que lhe pareza, que ese nom é dos nosos!).
Bom, e cantas cousas máis... Ánimo com ese livro, que se o escreves com tanta paixom coma estes escritos do blog, seguro que triunfa.

Bicos (no sentido galego!)e unha aperta nacionalista, socialista e democrática,

Irene

8:53 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!