Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

4/30/2007



Nación, benestar individual e colectivo. Outro mundo posible, outro mundo probable!!

Certamente hoxe podería ter falado de moitas cousas: a razón da existencia en pleno século XXI dunha institución tan sumamente antidemocrática e noxenta como é a realeza; certos inquéritos de intención de voto que pronostican a caída en picado do neoconservadurismo medieval opusiano nas grandes cidades galegas; ou calquera paranoia xornalística que se me ocurrira no momento.


Pero permitídeme facer un exercicio de autoxusticiación baseado no egocentrismo-narcisismo-ególatra ao máis puro estilo do político mediático que quere converter (e non reparo en siglas, porque por desgraza acontece en moitas casas) as ilusións dun pobo militante en consignas demasiado parecidas entre sí como para pensar que “isto non foi produto da casualidade”.

Entendo que para conseguir o benestar colectivo é preciso o benestar individual das sumas. Pero temos que lembrar que é perigoso xogar co principio liberal por excelencia. Creo na nación dos cidadáns e no mundo das persoas, pero tamén creo na colectividade e no beneficio da mesma por riba de calquera outra consideración. Conxugo en min mesmo o liberalismo revolucionario do SXVIII no sentido ideolóxico e o socialismo democrático no sentido político adaptado ao século XXI, lembrando que para min existen varias premisas irrenunciables, en forma de decálogo esvaradizo (e engarzado).

1- Nunca primará o interese particular sobre o xeral, como decote acontece no sistema capitalista.

2- O sistema capitalista é manifestamente inxusto como para xustificalo. Ante isto ten que xudir unha concepción aberta e non dogmática do socialismo.

3- As medidas socialistas son perfectamente compatibles coa democracia.

4- A democracia participativa é a mellor medida para activar a sociedade civil.

5- A activación da sociedade civil constitúe un elemento indispensable para a fiscalización dos poderes públicos.

6- Os poderes públicos deben implementar medidas que garantan a transparencia administrativa e a participación dos cidadáns na vida pública (ver 4) e así producir conciencia participativa.

7- A conciencia participativa irremediablemente provocará un efecto dominó na sociedade occidental para tratar de forma non paternalista os problemas de crónico sub-desenvolvemento do SUR.

8- O SUR deberá tomar conciencia do seu problema para procurar a emancipación das megacorporacións transnacionais.

9- As megacorporacións transnacionais sucumbirán ante a coloboración NORTE-SUR para erredicar a cultura individualista do sistema.

10- Este cultura individualista morrerá en mans da cultura mundial da cooperación entre seres humanos e pobos. E o mundo será, por fin, máis xusto.

E non fai falla destruír nin desestabilizar para cambiar todo isto. A Historia demostrounos que, ás veces, as revolucións democráticas e pacíficas teñen o efecto desexado. Será cuestión de tempo. E de moita, moita paciencia.


32 Comments:

Anonymous Anónimo said...

cres q chegaremos a velo e poderemos dicir "eu fun partícipe"?

2:58 da tarde

 
Blogger Veraeikon said...

Sinseramente, non teño moitas palabras para describir o texto q acabo de ler. Simplemente, é xenial; ogallá q fora así como explicas,pero aljo inherente a moitos seres humanos é o ejoísmo e o individualismo, e contra iso si q hai q loitar!
Eu loitarei contijo!Ánimo radicalillo!!!=;)

8:57 da tarde

 
Blogger amarante said...

Concordo contigo en que algo inherente á natureza humana é o egoísmo...pero non cres que é o propio sistema que exacerba ese individualismo ata levalo a límites insospeitados??
A ferramenta da que nos podemos dotar para trocalo pola cultura da cooperación non é outra cousa que a educación solidaria. Tarefa difícil, mais creo que polo que se pode conseguir (esa sociedade entre iguais que se anceia dende todos os sectores da esquerda, con diferente práctica política)...non vale a pena intentalo??

coido que si!!! ;)

12:32 da manhã

 
Blogger Veraeikon said...

Claro q vale a pena intentalo, pero sen dúbida levará o seu tpo. Estou totalmente de acordo contijo en q o sistema é o q exacerba o individualismo. E mentes como as de BASTOS (jeje) retardarán moito ese cambio,nn cres?
Sería bonito chejar a velo e disir q un foi partísipe (como di o anónimo),eh?
Sije sendo e pensando así sempre!Aquí, unha enxebre mándache un bico =;)

8:35 da manhã

 
Blogger amarante said...

Ao anónimo: coido que algún cambio cualitativo imos ver. Non sei se en 5 anos, se en 10 ou se en 20...Pero estou seguro que se existen as condicións necesarias, algo terá irremediablemente que trocar.

veraeikon: E iso de enxebre poque é?jejeje

bikos!

3:08 da tarde

 
Blogger Xan Guindán said...

Ti dis que eu non estou pegado á realidade cando falo do SUR como masa revolucionaria. Pero a min paréceme moito máis utópico crer nunha transformación da mentalidade do individuo occidental.

3:08 da tarde

 
Blogger amarante said...

Crer na transformación da mentalidade do individuo occidental en perfecta harmonía cunha liberación pacífica do sur e estar máis alonxado da realidade que alguén que cre que o individuo occidental ten que aumentar as contradiccións do sistema para que o SUR faga unha revolución??

3:13 da tarde

 
Blogger Xan Guindán said...

Si dende o momento no que o Norte subssite da expoliación do Sur

3:33 da tarde

 
Blogger amarante said...

Aishhh, dende logo que o Ben-estar do norte é inversamente proporcional á pobreza do sur mais...
estasme desbotando crear conciencia no Norte como arma fundamental na procura dese mundo máis xusto????

6:30 da tarde

 
Blogger Xan Guindán said...

En absoluto, penso que crear conciencia é o que ten que facer a esquerda do norte, pero que só servirá (e non é pouco) para acrecenta-las contradición do sistema. Os cambios veñen da base, non de arriba. E occidente non é a base

8:52 da tarde

 
Blogger O Bêbado e A Equilibrista said...

Parabns..
Belo texto

12:19 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

E se falamos galego? digo eu porque aqui cada un fala un idioma que inventa na súa casa.

11:52 da manhã

 
Blogger amarante said...

Muito obrigado.

Ao anónimo: cada quen fale e escrib
a como queira.

E teño que lembrar que existe unha normativa a maiores da RAG, que é a da AGAL.

12:00 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Pero ti normalmente non es moi da AGAL...

1:27 da tarde

 
Blogger amarante said...

Efectivamente, non son moito de AGAL...
:)

7:21 da tarde

 
Blogger Xan Guindán said...

E para vellos nostálxicos coma Paco, sempre existirán os mínimos. xD

A tope coa normativa do CONSENSO

9:25 da tarde

 
Blogger amarante said...

A tope!

11:22 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Pabliño, ¿ti segues máis o AGAL ou o da RAG? Gustaríame sabelo, para ver se segues pensando o mesmo, jejeje...
Ai neno, deixa falar á xente o que lle dea a gana... como se falan a lingua do Imperio... que ao fin e ao cabo era a que falabas ti ata os 18...
Juapo...
;)

8:29 da tarde

 
Blogger amarante said...

Aos 16!

1:31 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Tanto dá os anos, eu levo 24 (jejeje) falando galego e ti solo 5, así que non vaias de arduo defensor do idioma... pasado oscuro de Pablo, directo a Hormigas Blancas, jajaja... (tampouco quero dicir que pases do idioma...)
;)

2:00 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Por regra xeral defendemos máis o idioma quen fixemos o camiño d volta que quen sempre o falou sen pensar en por qué, ainda que iso debera ser o lóxico.

3:08 da tarde

 
Blogger amarante said...

Señor bolseiro:

Perdóneme a vida por ser socializado en castelán, ter estudado nun colexio público-español e escoitar falar castelán na casa toda a vida.

Creo que ten moito máis mérito defender como defendo eu ao idioma. Porque tan pronto como tomei conciencia, cambiei de rexistro.

Saúde e patria!
Concordo co anónimo sobradamente coñecido

6:42 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

A ver, espiño e pablo, eu defendo o meu idioma e falo meu idioma materno, que é o galego... e tanto dá como o defendas... porque non se defende en psudoblogs políticos. E eu falei nunha escola pública tamén desa quer ti chamas española e falei galego ainda que me daban as clases en castelán, o mérito é de meus pais, non dos profesores...
Unha aperta e para o señor anónimo dicirlle que o mérito é defender un idioma sen ter que atacar aos que non o defenden... ou aos que non o falan como fai o noso anfitrión blogueiro... é dicir, haberá liberdade cando che deixen falar o que queiras...

9:29 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Ninguén é obrgad@ a falar galego. A liberdade dos españois parlantes non corre ningún perigo!!
Non pretendía atacar a ninguén, paréceme estupendo que leves 24 anos falando galego pero iso non implica que che importe máis que a quen o fala dende hai 5.

10:11 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Se eu nunca dixen que era mellor, todo o contrario, defendin que a xente fale o que queira e que non se lle acuse de non falar galego (sobre todo a xente quie el sabe que é galegofalante de toda a vida) porque o que menos me gusta ´re que xente que vai de progre e ao final non se lembra do que falaba hai cinco anos... asi que o que digo é humildade e se non quere falar a xente galego que non o fale... cousa deles... cada un é libre de facer o que queira...
Humildade... non meterse coa xente polo idioma (que é do que nos queixábamos os galegofalantes dende hai anos e agora caemos no mesmo...)
Apertas...

10:45 da tarde

 
Blogger amarante said...

Eu dende logo que non vou criminalizae a ninguén por falar castelán, faltaría máis. cada quen é libre de falar o que lle veña en gana.

Iso si, o que me fastidia é que alguén que falou galego toda a vida, por sabe deus que, agora fale castellanito de castilla.

Se somos galegos é por obra e graza do idioma (e pola vontade de selo e exercelo)

5:29 da tarde

 
Blogger amarante said...

Refírome a que cando está con certa xente cambia de rexistro sen máis.


Para que non haxa malos entendidos!!

:)

5:30 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

Perdoade a miña humilde persoa por escribir estas catro verbas na língua do povo.
Se estabades a falar doutros problemas, a que ven, estar sempre a bater no mesmo pelexo?
Non se mantibo a lingua viva a pesares dos séculos escuros?
Seica por exercer de pais da patria,alguns xa teñen máis meritos que outros?
Coido que non, eu, que debo de ter máis anos ca vós, e fun adormecida,amantada,aloumiñada por a miña terra nai, e mesmo sufrin a ultraxe de recibir xostradas nas coxas das pernas por empregar na escrita; bujero,en vez de barro,figuera no canto de higuera....e por moitas outras traduccións do galego o español.
Penso que, ninguén ten dereito nin a reprocharme a mím o pesimo galego no que escribo, nin ó que o comezou falar onte. nin o que ten pensado falalo a partires de mañá.
unha aperta.E grazas,gracias ou obrigada.

8:53 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

jajajajajajajajajaja
Mira niño, no flipes, que tu hablas castellano con ciertas personas.

11:14 da tarde

 
Anonymous Anónimo said...

jaja, Pablo, ¿non flipas un pouco?
"Iso si, o que me fastidia é que alguén que falou galego toda a vida, por sabe deus que, agora fale castellanito de castilla."
Neno, a ti váiseche a olla moitísimo, pero moito moito... pero moito... repito, moito...

10:06 da manhã

 
Blogger amarante said...

Outra cousa non, pero acusarme de falar castelán manda carallo...

Como din por aí...ligando en Apolo en castelán,non?en fin...

E bolseiro, se te das por alududido por algo será...

11:54 da manhã

 
Anonymous Anónimo said...

Se eu non te acuso de falar castelán, ti saberás quen son os anónimos, porque sempre o sabes, jejeje... pero cada día dame máis ganas de falar silbo gomero ou o esperanto, jajajaja
Váiseche a olla, e non em dou por aludido, que paso de pis, jajajaja
;)

12:48 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!