Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

11/14/2007




Probas irrefutables de desacougos vespertinos


Por máis que intente estiralo, hai cousas que só duran catro anos.




(e todo o que viría neste espazo en branco non tería sentido)











(agás o sorriso de media tarde)

2 Comments:

Blogger Veraeikon said...

Bueno mozo! Non te ponhas tristón, eh?. As cousas tenhen a durasión q tenhen q ter, e aínda q ás veses nos ponha nostálxicos sempre hai q caminhar para diante. Virán novas cousas, mellores e tamén peores, e esas q xa pasaron e vale a pena lembrar, quedarán sempre na memoria e non se olvidarán!
Ó mellor a minha parrafada tampouco ten moito sentido como lle pasa ó teu espazo en branco. Suponho q é moi bonito disilo pq eu ainda estou neses catro anos pero non sei como me sentirei cando remate. De momento, estou encantada da vida, pq xa non só estou fasendo o q quero senón pq nese mesmo sitio hai xente q estou segura de que será para sempre.

Ánimo e ponte a investiJar!!!Hahahaha. Non mo tomes a mal, eh? Pero é q me encanta meterme contijo,hehe. Bicos enxebres!

12:49 da tarde

 
Blogger oko said...

post fermoso
(moit@s nos sentimos así)

11:04 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!