Pasaban os anos devagar, fuxían as ilusións e a morte romántica non chegaba, perdéndose na vista a miríada de grans do reloxo de area. Na memoria, as lembranzas difuminábanse catro décadas atrás. O seu corpo permanecía intacto, dentro dunha burbulla onde o descorrer era máis lento. A súa única solución sería marchar para unha estrela esvaecida. De cando en vez bota un ollo á terra, por iso dos indicios nocturnos (a partires das 4.40) dunha migalla de morriña inconexa.

3/25/2006

Definicións, CAPÍTULO I: AMOR
Disque houbo un inquérito dirixido dende Vicepresidencia para avaliar a incursión do termo amor no texto artellado do novo Estatuto.

- Eu: Unha seria de reaccións químicas no cerebro que provoca o desquiciamento, a irracionalidade e o desexo de posesión física e/ou intelectual e/ou ideal dun membro, ou varios do xénero humano ou animal.
-EE: Algo marabilloso e precioso que non se pode controlar. Consúmase no acto sexual.
-Mocho Reboiras: Algo totalmente superficial inducido polo sistema capitalista para esquecerse da loita de clases e para durmir ao proletariado.
- Muller: Sentimento de grande afección, amizade, tenrura, simpatía, etc., [que se experimenta por alguén].
- Existencialista: Dende o punto de vista teórico o amor é un dos piares do ser humano e da súa existencia. Precísase para que a copulación e a reproducción sexan do máis placenteiras posibles.

6 Comments:

Blogger Las Vaporosas said...

a miña definición: Adormecemento dos sentidos e perda da razón que xorde cando a adoración hacia alguén é tan enorme que non se distinguen nela case defectos. As bolboretas no estómago revelan o primeiro síntoma.Todo recorda a persoa amada e nalgún momento das nosas conversas desexamos falar dela para xustificar diante dos demáis que o que sentimos ten sustento.Pero o amor non perdura sempre e do mesmo xeito que chega marcha. É entón cando en lugar de bolboretas sentimos melancolía e cando as conversas evitan o seu nome.Os recordos parecen moi lonxanos e os defectos da persoa amada saen pouo a pouco á luz, xustificando agora un novo sentimento: liberdade da alma.

A máis enganada

4:35 da tarde

 
Blogger amarante said...

vaia vaporosa, unha definición do máis precisa. Noto en vostede certo desengano (será por como firma ao final)e un chisco de diglosia (XD). Pero anímoa a exteriorizar toda o que sinte e intentar distanciarse do suxeito en cuestión e así observar todo coa máxima obxectividade posible. Aínda que saibamos, grazas a esas clases de neira, que a obxectividade non existe.
O dito, ánimo e pense que ao mellor existe algo máis bonito que o amor irracional e que nunca se perderá: a amizade.

:)

6:12 da tarde

 
Blogger Las Vaporosas said...

Grazas,peqeno, pola súa resposta. Penso que é ela un bo exemplo da citada amizade, esa que nunca se perderá. Pretendo ademáis destacar que as miñas palabras non son de rencor nin se refiren a ninguén en concreto;-)Son só o reflexo do observable e quizáis vivido noutros tempos. Sinto a diglosia, espero que as nosas conversas axuden a solventala en parte.
PD: Aínda non son consciente da decepción que citaches naquela cena no galeón un domingpo noite.Espero que te expliques en canto o vexas convinte. Eu farei o propio.

7:02 da tarde

 
Blogger O principiño da estrela do lado said...

"Quérote porque ti me fas mellor persoa cada día", "quérote porque cando non estou preto de ti penso en que estarás facendo e cando estou contigo polo menos véxote"... Estas son dúas definicións que eu emto de forma humilde... non quero poñer unha definición estándar e universal, porque o "AMOR EN CADA PERSOA É DIFERENTE, APRENDEDE A EXTERIORIZALO"

9:58 da manhã

 
Blogger Las Vaporosas said...

si, si. De acordo totalmente coa definición do principiño da estrela do lado." Quérote porque cando non estou preto de ti penso en que estarás facendo".

11:43 da manhã

 
Blogger Príncipe hindú said...

Sus deseos son órdenes. Ahí tiene mi último post:
"Abrazados en la cama sudando.
Noto tu respiración en mi cuello.
Profunda, cálida.
Tu corazón late con fuerza contra mi pecho.
Cierro los ojos e inhalo profundamente.
Puedo notar tu olor, tu calor, tu deseo.
Nos besamos.
Despacio, muy despacio
hasta que muerdes mi labio.
Primero no es más que un juego, una caricia,
pero luego aumenta la intensidad.
Me revuelvo, y me quejo
de placer.
Luego: el silencio…
tan solo unos segundos.
Un rayo de luz se cuela por mi persiana
y mis ojos,
marrones y brillantes,
se reflejan en los tuyos.
En ese momento, allí, en silencio,
hablándonos de alma a alma
nos volvemos a enamorar.
Por un instante recuerdo en una estupidez que pensé:
No puede ser.
Masculino, plural.
Al ver mis ojos reflejados en tus pupilas me doy cuenta:
No es cuestión de género.
Es más fácil,
es AMOR."



Te quiero.

1:51 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home

 
adopt your own virtual pet!